Subalternos Xunta

PRIMEIRO EXERCICIO

De carácter eliminatorio, consistirá en contestar por escrito un cuestionario de corenta (40) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta, correspondentes aos textos de dereito positivo recollidos no anexo I-A desta convocatoria. En todo caso, o número de preguntas gardará a debida proporción co número de normas relacionados no dito anexo.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de sesenta (60) minutos.

De conformidade co disposto no artigo 35 do decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.

Cualificación

Procedimiento Oposición: Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario para superalo, obter un mínimo de 15 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas, se descontará unha correcta.

SEGUNDO EXERCICIO

De carácter eliminatorio, estará dirixido a apreciar as aptitudes dos aspirantes en relación coas prazas convocadas.e consistirá en contestar por escrito un cuestionario de vinte (20) preguntas prácticas tipo test,máis tres (3) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta, correspondentes aos temas recollidos no anexo I-B desta convocatoria. En todo caso, o número de preguntas gardará a debida proporción co número de temas relacionados no dito anexo
O tempo máximo de duración deste exercicio será de corenta (40) minutos.

Cualificación

Procedimiento Oposición: Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo, obter un mínimo de 5 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas, se descontará unha correcta.

Unha vez publicadas as puntuacións deste exercicio, abrirase un prazo de dez días hábiles para que os aspirantes que superen este exercicio, presenten o documento xustificativo (orixinal ou fotocopia debidamente compulsada) de estar en posesión del Celga 2 ou equivalente debidamente homologado, para os efectos da exención prevista no segundo exercicio.

Esta documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

Por cuestións organizativas, os dous primeiros exercicios da fase de oposición realizaranse nunha única proba. A data de realización desta proba non será anterior ao 1 de novembro de 2008.

TERCEIRO EXERCICIO 

De carácter eliminatorio, constará de dúas probas:
– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o Celga 2 ou equivalente.

CUALIFICACIÓN

Procedimiento Oposición: A cualificación do oposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da fase de oposición. La puntuación máxima por tanto será de 40 puntos. Al no existir fase de concurso, el resultado final depende de la puntuación alcanzada en los diferentes exámenes, sin que exista posibilidad de sumar puntos por antiguedad o formación.

PROGRAMA

Anexo I-A. Lexislación.

1. Constitución española do 27 de decembro de 1978: títulos preliminar, I, III e VIII.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I, III e V.

3. Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia: títulos I e II.

4. Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: títulos III, IV e V.

5. Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: títulos I a III.

6. Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia: título V, capítulo V.

7. Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia: títulos preliminar e I.

8. Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes: títulos preliminar e II.

Anexo I-B. Temas específicos.

1. A atención ao cidadán. Recepción e telefonía. Vixilancia e control das persoas que accedan ás dependencias administrativas. Reunións e actuacións de comunicación: preparación de locais e materiais.

2. Traballos con materiais e maquinaria de oficina. Reprografía. Destrución de documentación. Ensobramento. Etiquetaxe. Guillotinadura. Encadernación. Grampadura. Tradeadura. Tipos de papel.

3. A documentación administrativa. Descrición dos principais documentos: instancia, certificado, anuncio, informe, resolución, comunicación e notificación.

4. A notificación de documentos administrativos. Práctica da notificación. Correspondencia: tipos de envíos. Franqueo. Certificados. Xustificantes de recepción. Telegramas. Reembolsos. Xiros.